Entregáronse os diplomas dos gañadores das últimas edicións da Olimpíada Informática Galega, o Concurso de programación universitaria Ada Byron e o Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos
Fernando Suárez, presidente: “Os mozos e mozas que hoxe premiamos serán os profesionais que mañá liderarán a transformación dixital de Galicia e do mundo, e apostar polo seu talento é apostar polo futuro”
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia celebraron o 15 de marzo a entrega de premios da Olimpíada Informática Galega (OIG) das edicións de 2023, 2024 e 2025; o Concurso de programación universitaria Ada Byron de 2022, 2023 e 2024; e o Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos de 2023, 2024 e 2025.
O evento, que se celebrou no Centro de Innovación Cultural (Edificio CINC) da Cidade da Cultura, contou coa asistencia do conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; a vicepresidenta do Colexio, Susana Ladra; ademais do secretario da entidade colexial, Juan José González, varios patrocinadores e os estudantes gañadores dos diferentes certames informáticos que recolleron os seus diplomas, sumando aproximadamente un centenar de asistentes.
Fernando Suárez destacou a importancia de espertar vocacións tecnolóxicas desde idades temperás e de proporcionar oportunidades para que os mozos e mozas desenvolvan as súa habilidades en enxeñaría informática. “A tecnoloxía é clave para o noso presente e futuro, e Galicia necesita profesionais ben preparados para afrontar os retos dixitais. Con iniciativas como estas, queremos incentivar a paixón pola informática e visibilizar o gran talento que temos na nosa comunidade” –explicou–.
O presidente agradeceu a implicación de todas as persoas e entidades que fan posible a organización destes certames. “Os mozos e mozas que hoxe premiamos serán os profesionais que mañá liderarán a transformación dixital de Galicia e do mundo, e apostar polo seu talento é apostar polo futuro” –asegurou–.
Gañadores dos certames informáticos
-OIG 2023:
1º clasificado: Óscar Carballo Puebla
Colexio Liceo La Paz da Coruña
2º clasificado: Pedro Rey Anca
IES Saturnino Montojo de Ferrol
3ª clasificada: Isabel Villar García
CPR Colexio Manuel Peleteiro de Santiago
4º clasificado: Juan Pablo Pardo Pérez
CPR Colexio Manuel Peleteiro
Santiago
5º clasificado: Mario Prada Rodríguez
IES Martagisela
O Barco de Valdeorras
6º clasificado: Hugo Domínguez Conde
CPR Colexio Manuel Peleteiro
Santiago
-OIG 2024:
1º clasificado: Pedro Rey Anca
IES Saturnino Montojo de Ferrol
2º clasificado: Hugo Domínguez Conde
CPR Manuel Peleteiro de Santiago
-3º clasificado: Juan Pablo Pardo Pérez
CPR Manuel Peleteiro de Santiago
-4º clasificado: Hugo Gorgojo Basanta
IES Perdouro de Burela
-5º clasificado e Mellor estudante da ESO: Miguel Pérez Barreiro
IES Politécnico de Vigo
-5º clasificada e Mellor rapaza clasificada: Isabel Villar García
CPR Manuel Peleteiro de Santiago
-OIG 2025:
-1º clasificado: David Lago Alonso
IES Pedro Floriani de Redondela
-2º clasificado: Artai Asasi Vázquez
IES de Sar de Santiago
David e Artai representarán a Galicia na Olimpíada Nacional que se celebrará na Facultade de Informática da Coruña do 4 ao 6 de abril.
-3º clasificado: Hugo Domínguez Conde
CPR Manuel Peleteiro de Santiago
-4º clasificado: Hugo Gorgojo Basanta.
IES Perdouro de Burela
-5º clasificado: Nicolás Freiría Casal
IES Ribeira do Louro do Porriño
-Mellor rapaza clasificada: Rocío Pérez-Muñuzuri Fernández
CPR Manuel Peleteiro de Santiago
-Mellor estudante da ESO: Laura Souto Bravos
CPR Manuel Peleteiro de Santiago
-Concurso de programación universitaria Ada Byron 2022:
Este concurso celebrouse en 2022 nas sedes universitarias da Coruña e Santiago. Os equipos gañadores foron:
Na categoría B: ‘Rust Evangelists’
Na categoría C e global: ‘MeuGang’
E os equipos representantes de Galicia no concurso nacional foron ‘MeuGang’ (gañador da sede da USC), ‘The High Elders’ (gañador da sede da UDC), ‘Base(d)Code’, ‘we use arch btw’ e ‘Rust Evangelists’.
-Concurso de programación universitaria Ada Byron 2023:
Este concurso celebrouse en 2023 nas sedes universitarias da Coruña, Santiago e Vigo. Os equipos gañadores foron:
Na categoría A: ‘Binary Bandits’
Na categoría B: ‘SegvFault’
Na categoría C e global: ‘The High Elders’
E os equipos representantes de Galicia no concurso nacional foron ‘The High Elders’ (gañador da sede da UDC), ‘Costa Compás’ (gañador da sede da USC), ‘we use arch btw’, ‘Binary Bandits’, ‘SegvFault’.
-Concurso de programación universitaria Ada Byron 2024:
Este concurso celebrouse en 2024 nas sedes universitarias da Coruña, Santiago e Vigo. Os equipos gañadores foron:
Na categoría A: ‘Ácido clorhídrico’
Na categoría B: ‘Los Bandidos Binarios ‘
Na categoría C e global: ‘nome do equipo (nome do equipo)’
E os equipos representantes de Galicia no concurso nacional foron ‘nome do equipo (nome do equipo)’ (gañador na sede da USC), ‘AbuelosDG’, ‘Los Bandidos Binarios’ (gañador da sede da UDC), Ben sabe Dios que o intentamos, Ácido clorhídrico, ); CREATE TABLE Joke(ID INT) (gañador da sede da Uvigo).
-Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos 2023:
A gañadora na categoría de Primaria foi Lucía Rodríguez Pérez do CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
O gañador na categoría da ESO foi Álvaro López Mosquera do Colegio de Fomento Peñarredonda da Coruña.
O recoñecemento especial do certame ao centro que máis traballos presentou foi para o CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
-Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos 2024:
O gañador na categoría da ESO foi Antón Álvarez Rodríguez do IES República Oriental do Uruguai en Vigo.
A gañadora na categoría de Primaria foi Lara Da Pena Fidalgo do CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
O recoñecemento especial do certame ao centro que máis traballos presentou foi para o CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
-Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos 2025:
O gañador na categoría da ESO foi Adrián Fernández Pan do Colexio Internacional Eirís da Coruña.
A Gañadora na categoría de Primaria foi Violeta Baranda Pardo do CEIP Virxe da Pena da Sela de O Irixo.
O recoñecemento especial do certame ao centro que máis traballos presentou foi para o Colexio Internacional Eirís da Coruña.