O Colexio Prefesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Unión de Artesanos asinan un convenio de colaboración para a promoción dun seguro de saúde. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o titular da Unión de Artesanos, Roberto Barcia, asinaron o acordo.
O convenio ten por obxecto regular a colaboración entre ambas entidades coa finalidade de dar a coñecer aos colexiados e traballadores do CPEIG a promoción do seguro de saúde que realiza para eles a Unión de Artesanos. O obxecto é que o corpo colexial do CPEIG poida beneficiarse deste seguro, con condicións ventaxosas.