Pasar al contenido principal

Constitúese o Consello Galego de Intelixencia Artificial, onde o CPEIG terá unha vogalía

Consello Galego de Intelixencia Artificial

O Consello Galego de Intelixencia Artificial constituíuse hoxe nun acto celebrado na Biblioteca América da Universidade de Santiago (USC), co propósito de desenvolver unha IA adaptada ás necesidades específicas de Galicia. O organismo contará cunha vogalía do CPEIG.

Concibido para asesorar e impulsar a intelixencia artificial en Galicia polo seu carácter de máximo órgano colexiado de participación pública, privada e do coñecemento, o Consello permitirá reforzar o obxectivo de desenvolver e aplicar a IA con eficacia e seguridade para as persoas. Para iso, buscará identificar de posibles barreiras e desafíos no deseño de sistemas de IA.

No acto de constitución o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño; o  reitor da USC, Antonio López; e o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao.