Pasar al contenido principal

Santiago acollerá a 'II Xornada Nacional de Mulleres en Enxeñaría Informática'

cartel jornada

O Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática (CCII) celebrará o vindeiro venres, 27 de xuño, a 'II Xornada Nacional de Mulleres en Enxeñaría Informática', organizada por Mujeres en Ingeniería Informática en colaboración co Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O evento terá lugar a partir das 11:00 horas no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.

Nesta edición porase o foco no papel estratéxico das infraestruturas dixitais como base do desenvolvemento tecnolóxico e social desde unha perspectiva feminina para garantir unha contorna dixital accesible, segura e sostible.

No marco do evento entregarase o Premio Ángela Ruiz Robles a Catalina Grimalt Falcó, subdirectora xeral de Organización e Recursos Internos do Port de Barcelona.

Ademais celebrarase unha mesa redonda sobre "Datos e Intelixencia Artificial como infraestruturas básicas das novas organizacións" coa participación de diversas expertas.

Inscricións abertas no mail mujeresinformaticas@ccii.es

Máis información da xornada: https://www.ccii.es/mujeres-en-ingenieria-informatica/jornadas-nacionales-meii/jornada-nacional-meii-ii