Pasar al contenido principal

CPEIG e UNAYTA únense para mellorar a eficiencia e seguridade na xestión da información e dos datos

Convenio UNAYTA

A xestión da información e dos datos converteuse nun dos maiores retos da nosa profesión. Cada proxecto combina múltiples fontes, ferramentas e formatos: código, informes, documentación técnica, correos, bases de datos… O volume crece, os prazos acúranse e as obrigas normativas son cada vez máis esixentes.

Pensa por un momento:
¿Cantas horas perdas buscando un arquivo? ¿Confías de verdade en que toda a túa información está ben organizada e protexida? ¿Estás seguro de que os teus procesos cumpren todas as esixencias normativas actuais?
Se algunha destas preguntas che fai dubidar, é o momento de dar un paso cara unha xestión máis intelixente, segura e eficiente da túa información.

Un paso adiante: convenio estratéxico CPEIG + UNAYTA

En resposta a esta realidade, no CPEIG demos un paso máis e asinamos un convenio estratéxico con UNAYTA, consultora galega especializada en transformación dixital e xestión avanzada da información e os datos.

Este convenio reforza o compromiso do Colexio contigo, ofrecéndoche novas posibilidades para gañar eficiencia, mellorar o control da túa información e garantir o cumprimento normativo, sempre coa confianza dunha colaboración avalada polo CPEIG.

Que beneficios achega este convenio?
Unha oportunidade para gañar tempo, reforzar a seguridade e traballar con procesos máis intelixentes.

Auditoría Documental Personalizada
UNAYTA analizará en profundidade como xestionas actualmente a información nos teus proxectos ou empresa, identificando puntos de mellora e deseñando un plan de acción para:
• Reducir tempos perdidos na procura e almacenamento de datos.
• Mellorar os fluxos de traballo e garantir a trazabilidade da información.
• Avanzar cara á oficina sen papel con total cumprimento normativo, incluído o RXPD.

Condicións exclusivas
25 % de desconto en todos os servizos que ofrece UNAYTA, para que accedas a asesoramento e solucións de calidade a un prezo máis competitivo.

Formación gratuíta en liña
Sesións formativas sobre boas prácticas en dixitalización documental, xestión eficiente de datos e cumprimento normativo, cun enfoque práctico e adaptado á realidade dos enxeñeiros informáticos — datas dispoñibles proximamente.

Por que é importante dar este paso?

Cada día xeramos máis información… pero ¿estamos realmente a sacarlle partido?
A resposta pode marcar a diferenza entre xestionar datos ou transformar proxectos.
Este convenio entre o CPEIG e UNAYTA é unha oportunidade para avanzar cara á madurez dixital que o noso sector demanda: pasar de almacenar información a traballar con control, eficiencia e seguridade, porque xestionar mellor a información é, en realidade, xestionar mellor o coñecemento.