Pasar al contenido principal

O presidente do CPEIG participou nunha xornada sobre a IA nas empresas na Cámara de Comercio da Coruña

Xornada IA Cámara de Comercio da Coruña

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participou o martes, 24 de marzo, na xornada  “Implantar a IA sen sustos na empresa” no Club Cámara Noroeste da Cámara de Comercio, Industria y Navegación de A Coruña destinada a ensinar ás empresas como implantar a Intelixencia Artificial de forma segura e eficiente.

Na sesión, na que tamén participou Víctor Salgado, socio director de Pintos & Salgado Abogado, abordáronse os retos legais, éticos e técnicos da IA xenerativa e outras ferramentas automatizadas para unha integración exitosa. Nun contexto onde a IA se converteu nunha herramienta estratéxica para optimizar procesos e reducir custos, moitas pequenas e medianas empresas e autónomos enfróntanse á incertidume sobre como adoptara sen comprometer a seguridade dos seus datos ou o cumprimento normativo.