Pasar al contenido principal

A investigación “Integración da visión artificial na autopsia para a clasificación escalable de probas visuais en investigacións forenses dixitais” recibe o Premio CPEIG no IX Congreso Xove TIC

Premio CPEIG no IX Congreso XoveTIC

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participou no IX Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña e a Facultade de Informática da Universidade da Coruña, onde se recoñecen os mellores traballos científicos, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e as comunicacións.

O Premio CPEIG, ao mellor traballo cuxo primeiro autor sexa estudante outitulado en Enxeñaría Informática, recaeu en “Integración da visión artificial na autopsia para a clasificación escalable de probas visuais en investigacións forenses dixitais”, de Manuel Noya-Vázquez, Rubén Pérez-Jove, Martiño Rivera-Dourado, Alejandro Pazos e Jose Vazquez Naya.

Esta investigación presenta un módulo de código aberto que integra técnicas de visión artificial en Autopsy, unha ferramenta utilizada en investigacións forenses dixitais. A solución permite detectar obxectos erecuperar imaxes relevantes mediante modelos de intelixencia artificial, facilitando a revisión de grandes volumes de evidencias visuais.