O VI Encontro CIBER.gal 2026, que se celebrará do 4 ao 6 de novembro no edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago, contará con tres xornadas, diferentes públicos, e un mesmo reto: a ciberseguridade.
Disporá dunha programación pensada para abordar a seguridade dixital desde diferentes perspectivas:
- Administracións públicas
- Empresas e profesionais
- Cidadanía
Haberá conferencias, mesas, actividades e espazos para compartir coñecemento e analizar os desafíos dunha contorna cada vez máis dixital.
Máis información en: https://ciberseguridadegalicia.gal/es/cibergal/eventos/2026-vi-encuentro-cibergal