Pasar al contenido principal

Salvemos Informática

Logotipo da iniciativa Salvemos Informática

SalvemosInformatica.com nace co obxectivo de dar continuidade ás mobilizacións programadas para o 19 de Novembro.

A recollida de sinaturas on-line é unha ferramenta moi útil para facernos oir e dispoñer dunha saída máis ás nosas reivindicacións. O seu obxectivo é recoller o maior número de sinaturas para intentar obter a maior repercusión posible.

Queremos facer extensiva esta proposta a todos os colectivos relacionados dunha forma ou outra coa informática, universidades e centros onde se imparten as titulacións de Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión así como pedir a solidarización do resto da comunidade estudantil e universitaria, particulares e toda a xente posible.

Se nos queres axudar déixanos a túa sinatura e faino saber aos teus amigos, compañeiros de traballo/estudios|estudos, familia... Unha Informática digna aínda é posible.