Pasar al contenido principal

Nota de prensa do Consejo de Colegios de Ingenieros en Informática: Os Enxeñeiros en Informática sen ficha

  1. O Goberno aprobou a regulación dos estudos doutras Enxeñarías, non así os estudos de Enxeñaría Informática.
  2. O Goberno sumirá a este país nun desfase tecnolóxico de 50 anos.
  3. Os Enxeñeiros en Informática anuncian masivas mobilizacións todos os meses.

Onte, 26 de Decembro, na última reunión de Consello de Ministros, en plenas vacacións de Nadal coma se non houbese tempo durante todo o ano, e cunha grande parte do país de vacacións, aprobáronse as 'fichas' que regulan os estudos de certas Enxeñarías e Enxeñarías Técnicas.

Entre as Enxeñarías e Enxeñarías Técnicas cuxos estudos se regulan, non aparece a Enxeñaría Informática, o que conducirá a próstrea ao desprestixio e falta de atractivo para que os futuros estudantes universitarios elixan carreiras análogas á informática.

Con esta medida do Goberno, os estudos de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica Informática pasan de estar regulados a estar desregulados. ¡ Grande fazaña do Goberno ZP!

Para máis inri, recoñécense competencias en materia de informática a outras enxeñarías como son as de Telecomunicacións, supoñendo isto novamente un grave agravio, e mesmo insulto aos 130.000 Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos en Informática e aos 90.000 estudantes destas enxeñarías.

Con esta medida, o Goberno de Rodríguez Zapatero sumirá a este país en 50 anos de atraso tecnolóxico con respecto ás potencias máis avanzadas. É incrible que formando parte do discurso do Presidente do Goberno a importancia que no futuro da nación teñen as Tecnoloxías da Informática e as Telecomunicacións, o seu Goberno tomara a medida comentada, máxime cando no resto de Europa a informática é unha carreira recoñecida, perfectamente regulada e cuxa profesión está regulada en países como Alemaña, Francia, Italia, Grecia, Islandia, Portugal ou Reino Unido.

130.000 Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos en Informática e 90.000 estudantes de Enxeñarías Informáticas están afectados por esta desidia e estes agravios, e este colectivo non vai quedar cruzado de brazos vendo como unha vez mais cométese con el un grave agravio que lle deixa nunha posición social inaceptable e que redundará en que a sociedade en xeral saia gravemente prexudicada. Douscentos mil afectados e todas as súas familias están en pé de guerra e seguirán mobilizándose mensualmente ata que o Goberno entre en razón nesta materia.