Pasar al contenido principal

Convocada manifestación multitudinaria na Coruña para o vindeiro 17 de marzo

Cartel da manifestación da Coruña 17M

Naceu unha nova web en Galicia coa intención de converterse no nexo de unión entre alumnos, profesores e profesionais das enxeñarías en informática e constituirse como o principal punto de información fiable e actualizada.

Desde esta web, infórmase de que está convocada unha manifestación na cidade da Coruña para o vindeiro 17 de marzo coa esperanza de contar cun apoio masivo para facer escoitar as reivindicacións que xeneran dita mobilización. Asi mesmo, faise un chamamento masivo a todos os implicados nesta problemática, desde os familiares, pasando polos amigos e coñecidos, até os propios estudantes, profesionais e traballadores do sector.

O CPEIG, tal e como fixo público a través dun comunicado apoia todas as accións que, respectando a legalidade vixente, teñan como finalidade reivindicar aquelo polo que ésta corporación ven loitando dende a súa constitución: a regulación profesional das enxeñarías en informática.