Pasar al contenido principal

Concesión de Premios no "I Congreso Nacional de Enxeñaría Informática"

Logotipo da semana de informática 2009

No transcurso do acto, a Asociación de Enxeñeiros en Informática (AI2) outorgou o premio á traxectoria profesional.

Organizado polo COIICV (Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática da Comunidade de Valencia) celebrouse en Valencia o "I Congreso Nacional de Enxeñaría informática" que contou con importantes relatorios durante o transcurso deste.

Durante a cea de clausura, celebrada no Hotel Hilton con 300 asistentes fíxose entrega por parte do COIICV os premios "Sapiens'09".

Os Premios Sapiens son os premios que anualmente concede o Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática da Comunidade Valenciana, co obxectivo de distinguir aqueles profesionais, empresas e administracións públicas que sobresaen na valorización da Profesión Informática. Sapiens fai referencia a sabedoría, coñecemento, inteligencia,... Éstas son xustamente as características que o COIICV desexa destacar, premiar e dar a coñecer á Sociedade como elementos intimamente ligados á Informática.

Os galardoados foron:

  • Categoría Profesional máis destacado: Jacinto Canales de Caso, Secretario Xeral do CCII.
  • Institución Pública máis destacada: Universidade Politécnica de Valencia. Recolleu o premio o seu Reitor, Juan Juliá Igual.
  • Empresa máis destacada: Mercadona. Recolleu o premio o seu Director de Informática, Javier Irles.

Aproveitando a celebración do Acto, a Asociación de Enxeñeiros en Informática (AI2), decidiu conceder o III Premio Nacional á Traxectoria Profesional do Enxeñeiro en Informática a D. Josep Maria Vilà Solanes, pola súa importante traxectoria profesional.

Sobre os premiados

Josep Maria Vilà Solanes, nacido en 1944 en Barcelona, é Licenciado en Informática pola UPM e Doutor Enxeñeiro Industrial pola UPC. Na súa longa traxectoria profesional, demostrou o seu bo facer como Director xeral de Indra, Presidente da Asociación Española de Empresas de Tecnoloxías da Información (SEDISI), Presidente da Fundación de Tecnoloxías da Información, Presidente do Consorcio Dixital ( facturación dixital), Presidente da Asociación 22@Network, membro do Forum de la Sociedad de la Información del Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, Presidente do Grupo de Traballo de e-commerce no Consello Empresarial para a Sociedade da Información da CEOE, Presidente europeo do grupo de e-Government del Global Business Dialogue (GBDe), Conselleiro delegado de Eritel, Director xeral dos Xogos Olímpicos de Barcelona 92, Director en Cataluña de Unisys, Director de Organización e informática de Enher e, o máis importante, como unha gran persoa para todos o que tivemos a fortuna de acompañalo en etapas do seu percorrido profesional.

Jacinto Canales naceu hai 41 anos en Villalpando (Zamora). Licenciado e Enxeñeiro en Informática pola Universidade de Valladolid, desempeña o seu labor profesional como Director da planta de desenvolvemento software que a empresa Tecsidel ten no Parque Tecnolóxico de Boecillo, onde traballa dende 1.996. Foi profesor asociado da Universidade de Burgos durante 8 anos e na actualidade e dende o 2002, é profesor asociado da Universidade de Valladolid. Foi cofundador e primeiro Decano do Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Castela e León, ocupando actualmente o cargo de Vicedecano. No ámbito asociativo foi presidente das Asociacións de Enxeñeiros en Informática (AI2), e das Asociacións de Enxeñeiros en Informáticas de Madrid e de Castela e León.
Na actualidade desempeña o cargo de Secretario Xeral do Consello de Colexios de Enxeñeiros en Informática (CCII) que aglutina a todos os Colexios Profesionais existentes no Estado.