Pasar al contenido principal

Novo paso cara a creación do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática

Símbolo do CPEIG

Os colexios profesionais de Enxeñaría en Informática de ámbito autonómico non poden facer máis que felicitarse por este firme e decidido paso cara á equiparación da Enxeñaría en Informática coas súas homólogas noutras disciplinas, e agradecer encarecidamente a todos os grupos parlamentarios, especialmente a aqueles que iniciaron a tramitación parlamentaria de ambas proposicións, o seu apoio unánime ao recoñecemento no ámbito nacional desta profesión, como elemento crave para contribuír ao desenvolvemento do novo modelo económico de futuro.

Logotipo do CCIINo entanto, os colexios profesionais queren chamar a atención sobre o contido destas dúas Proposicións de Lei, solicitando a todos os grupos o seu poio explícito á inclusión no texto final aprobado da disposición final primeira na redacción presentada polo Grupo Parlamentario Popular, na que se insta ao Goberno á inclusión dos representantes da Enxeñaría en Informática no Consello Asesor das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (CATSI).

Estas corporacións entenden que dita disposición dá cumprimento a unha das funcións encomendadas aos Consellos Xerais na Lei 2/1974, de 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais, como é a de «participar nos Consellos ou Organismos consultivos da Administración na materia de competencia de cada unha das profesións», no ámbito nacional, á vez que garante o trámite de
audiencia aos profesionais da Enxeñaría en Informática por parte do Goberno, e que dito Consello Asesor vén a suplir en materia de sociedade da información.