Durante a asemblea extraordinaria os colexiados/as aprobaron unha serie de modificacións sobre estatutos do colexio para permitir unha mellor operativa do mesmo.
Na asemblea ordinaria os membros da Xunta de Goberno expuxeron a situación actual do colexio e as actividades desenvolvidas durante o ano 2008 e comezos de 2009. Así mesmo, nesta asemblea tamén se aprobaron a memoria anual de actividades, as contas do colexio, os orzamentos, o código deontolóxico e as cotas de colexiación, que este ano inclúen como novidade a exención de cota para colexiados/as en situación de desemprego.
Así memsmo, na asemblea ordinaria foron aprobados como Colexiados de Honor D. Jesús Vázquez Abad, antigo diputado no congreso por Ourense e actual Conselleiro de Educacíón e Ordenación Universitaria, e os presidentes da AEIG D. Javier Rodeiro Iglesias, D. Gabriel Ferreiro Pena e D. Jesús Rodríguez Castro.