Pasar al contenido principal

Google patenta a súa páxina de inicio

Logotipo de Google

Esa famosa páxina cunha caixa para introducir os termos de busca e dous botonciños, 'Buscar en Google' e Vou ter sorte', como elementos máis destacados.

Dende agora todo o que queira repetir este formato, imitado ata a saciedade, terá que pensarllo dúas veces, porque ben podería recibir unha carta dos avogados de Google "por vulnerar a patente desta "interface gráfica" de usuario" para a visualización dunha pantalla dunha terminal de comunicacións". Ou algo así, segundo reflicte o documento que mostra Gawker.

Así que unha gran caixa de texto e un botón para buscar con enlaces arredor: Yahoo!, Bing, Ask, The Pirate Bay... imos, que case calquera sitio que conta cun buscador potente adoptou un formato similar ao de Google.

En Mountain View acertaron, iso está claro, pero teñen dereito a apropiarse unha forma lóxica de presentar un formulario de busca que hoxe xa é un estándar?