Pasar al contenido principal

O colexio organiza un seminario sobre "Busca eficaz de información na Web"

Ollo humán

Entre outros contidos, no seminario introduciranse unhas nocións básicas sobre recuperación de información e describiranse as principais características dos buscadores de Internet máis coñecidos (arquitectura, operadores). Así mesmo, presentarase a busca dende a perspectiva do/a usuario/a, abordando problemas da linguaxe usada e da propia Internet, proporcionando diferentes consellos para mellorar o posicionamento dunha páxina web nos buscadores.

O relator do seminario sera o doutor José Angel Olivas Varela. As súas principais liñas de investigación actuais son o uso de técnicas de Soft Computing para a Recuperación de Información e as aplicacións en Enxeñaría do Coñecemento.

Na páxina informativa do seminario é posible atopar toda a información sobre o mesmo.