Pasar al contenido principal

A AAIC convoca concentracións para o 19 de novembro

Logotipo da Asociación para el Avance de la Informática y la Computación

AAIC decidiu convocar mobilizacións que continúen as que se levaron acabo o 19 de Novembro de 2008. Estas protestas anteriores axudaron na aprobación do acordo do Consello de Universidades para a tramitación da creación do Consello de Colexios.

CPEIG apoia todas as iniciativas que, dentro da legalidade, persigan a dignificación da profesión e a igualdade de trato para a Enxeñaría en Informática respecto das demais enxeñarías.

O Ministerio de Educación non publicou o Acordo do Consello de Universidades con rango de Orde Ministerial, tampouco en materia de educación se expón a creación de oposicións específicas de informática para impartir as materias de IT na educación obrigatoria e bacharelato. Ademais o Goberno móstrase en contra de regular o sector da informática como se puido ler recentemente na súa resposta a unha pregunta directa no Congreso dos Deputados de Esquerda Unida, facendo así caso omiso da Lei 12/86 para a Enxeñaría Técnica Informática.

Parece que o Goberno considera que cando un sistema informático policial, xudicial, sanitario ou económico ten un fallo e produce un dano ou prexuízo ao cidadán non ten importancia, porque existe a escusa de "erro informático". Por desgraza, o cidadán descoñece que sobre os sistemas informáticos pódense levar moitos tipos de probas para garantir o seu funcionamento que reducirían drasticamente os fallos de sistemas informáticos. Tampouco o Goberno quere escoitar falar de que os sistemas con arquivos dixitais de datos persoais teñan que pasar unhas inspeccións para comprobar que cumpren as medidas de seguridade que a lei estipula.

Así, todo iso fixo que AAIC se formule realizar novas mobilizacións este 19 de Novembro para lembrar ao Goberno de España que pasou 1 ano e poucas melloras se observan. Por todos estos motivos a AAIC invita ás Asociacións de Informática, Colexios de Enxeñaría Informática, estudantes e titulados/as de estudos oficiais de informática e á sociedade a unirse ás siguientes movilizacións:

  • Manifestaciones virtuales nos Ministerios de Industria, Educación e Economía.
  • Concentracións físicas en Madrid y Salamanca.

Máis información no sitio web da AAIC.