Pasar al contenido principal

As Cortes Xerais aproban a creación dos Consellos de Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos en Informática

Símbolo do CPEIG

Con esta aprobación e xa que previamente fora aprobado polo Congreso dos Deputados, as Cortes Xerais aproban senllas Leis de constitución de Consellos.

Deste xeito, e previa aprobación do Congreso dos Deputados, conclúese o trámite parlamentario envíanse ao Boletín Oficial do Estado as Leis de creación destes dous Consellos Xerais que aglutinarán aos Colexios de Enxeñaría en Informática das distintas Comunidades Autónomas onde foron constituídos.

Os/as Enxeñeiros/as en Informática terán desta maneira unha representación oficial a nivel estatal da que carecían até o momento. Desde o CPEIG queremos agradecer a todos os políticos que apoiaron a creación dos nosos Consellos a comprensión e esforzo que realizaron.

A acta do pleno do senado pode descargarse no sitio web do senado.