Pasar al contenido principal

Arrinca unha nova edición do curso de Peritaxes e Informática Forense

Momento do inicio do Curso de Peritaxes e Informática Forense 2009 (1)

Nesta edición a última é gratuíta para os membros do COP e para aqueles/las colexiados/as que se comprometeron a formar parte deste corpo. Tamén se sube un chanzo na calidade de contidos e relatores.

Ao mesmo están convocados os/as profesionas da Enxeñaría en Informática e da Enxeñaría Técnica en Informática.

Para formar parte do Corpo Oficial de Peritos (COP) do colexio é preciso ter asistido a este curso ou ben a algunha edición anterior realizada polo CPEIG ou pola AEIG, ou convalidar un curso doutro organismo, tal e como se recolle na Directriz 1005.1 do colexio.