Pasar al contenido principal

O colexio participa o xoves nunha mesa redonda sobre redes sociais en internet e menores

Logotipo de Traballo en Rede (Barrio de Conxo - Milladoiro)

>O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) participará activamente como opinión experta na mesa redonda que se celebrará o vindeiro xoves 3 de decembro na Casa das Asociacións Veciñais de Cornes, Santiago de Compostela, ás 19:00.

A xornada, que naceu a proposta do colexio, abordará a orixe e alcance actual das redes sociais, así como a súa repercusión na xuventude e a adición da mocidade ás mesmas. A actualidade do debate sobre as redes sociais motiva que o CPEIG estea a colaborar con outras institucións e concellos de toda Galicia na organización de diferentes foros de debate sobre os riscos das redes sociais para a xuventude e os nenos e nenas. 

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, intervirá na mesa redonda, na cal se debatirá preocupación crecente que existe na sociedade sobre a seguridade dos menores no uso de Internet, especialmente na conexión a redes sociais, mensaxería instantánea, chats e xogos en liña.

Tamén intervirán, ademais do presidente do colexio, Eduardo Martínez Viqueira, tenente coronel da Garda Civil e xefe de Policía Xudicial e Información da Comandancia da Coruña e Pilar Bermejo González, Directora da UMAD do Concello de Santiago.

O acto será moderado por por María Dolores Alvariño Alejandro, Coordinadora de Traballo en Rede e  Orientadora do IES Eduardo Pondal de Santiago, e clausurado por Mar Martín García, Concelleira Delegada de Benestar Social e Muller do Concello de Santiago.

Para asistir ao evento e obter máis información pode acceder a páxina informativa deste acto.