Pasar al contenido principal

O colexio lamenta as declaracións do Subdirector Adjunto do Centro Criptológico Nacional

Símbolo do CPEIG

O pasado 17 de decembro tivo lugar no Edificio Administrativo de San Caetano una acto de presentación do Equipo de Resposta ante Incidentes de Seguridade da Información para as Administracións Públicas do Centro Criptológico Nacional (CCN-CERT).

Durante o transcurso deste acto D. Luis Jiménez, Subdirector Adjunto do Centro Criptológico Nacional, declarou publicamente e textualmente que "la Ingeniería Informática no es una ingeniería como tal" e, a continuación, redundou no erro afirmando categoricamente que "los hacker sí usan herramientas de ingeniería".

Ao remate do acto, o Presidente do CPEIG, que estaba presente no evento, manifestoulle a Luis Jiménez o malestar do colectivo de enxeñeiros e enxeñeiras en Informática de Galicia polas súas declaracións.

Resulta sorprendente que un cargo institucional realice tales observacións nun acto público mostrando tal descoñecemento e desconsideración cara a unha enxeñaría con 18 anos de vida. Dende o CPEIG é inadmisible que o Subdirector Adjunto do Centro Criptólogico Nacional realice tal desaire a unha actividade profesional fundamental na sociedade actual na que nos movemos. Negar a importancia da Enxeñaría en Informática ou rebaixar a súa consideración non fai máis que minimizar e obviar a importancia do desenvolvemento TIC.