Pasar al contenido principal

O CPEIG achégalle ao alumnado do IES San Clemente as novidades lexislativas vencelladas ás novas tecnoloxías

Fotografía do IES San Clemente

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fotografía do IES San ClementeFernando Suárez Lorenzo, impartiu o pasado xoves, 25 de febreiro, un relatorio sobre propiedade intelectual e novas tecnoloxías no IES San Clemente, en Santiago de Compostela. A intervención de Suárez Lorenzo centrouse na incidencia das novas leis no eido da informática.

Así, o presidente do CPEIG abordou a Lei Orgánica de Protección de datos e as súas repercusións para o conxunto da sociedade e a Lei de Servizos da Sociedade da Información. Non obstante, o alumnado asistente interesouse especialmente pola Lei de Propiedade Intelectual e pola disposición final da Lei de Economía Sostible e as consecuencias legais de realizar descargas da Internet. Tras a intervención de Fernando Suárez abriuse un debate no que os participantes resolveron diversas dúbidas a este respecto.

Esta colaboración co centro compostelán representa unha nova aposta do CPEIG na promoción da actividade informática entre distintos colectivos co obxectivo de achegarlle á sociedade a Enxeñaría en Informática e as vantaxes das novas tecnoloxías en xeral.