Pasar al contenido principal

O CPEIG traballa na implantación do Máster de Enxeñaría en Informática da Universidade de Santiago de Compostela

Logotipo da Universidade de Santiago

Deste xeito, o presidente do colexio, Fernando Suárez Lorenzo, forma parte formalmente da comisión do Máster. Estímase que a implantación definitiva será no curso 2011/2012. De feito, as tres universidades galegas están a traballar na implantación deste tipo de mestrado pero é a compostelá a que máis avanzado leva o traballo.

No seu día, o Colexio Profesional de Enxeñarñia en Informática de Galicia xa participara tamén na implantación dos graos en Enxeñaría en Informática nas tres universidades que ten Galicia.