Pasar al contenido principal

O colexio amplía os beneficios dos/das seus/súas colexiados/as coa firma dun acordo con viajes viloria

Logotipo de Viajes Viloria

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) continúa traballando para ampliar os beneficios dos seus colexiados e colexiadas. O presidente do ente colexial, Fernando Suárez Lorenzo, asinou hoxe un acordo de colaboración coa empresa de organización internacional de viaxes Viajes Viloria que suporá condicións vantaxosas para o colectivo profesional integrado no CPEIG.

Segundo o acordo, o colexio beneficiarase de tarifas especiais e de atención personalizada, así como do conxunto de servizos especiais para empresas dos que dispón Viajes Viloria. Trátase da primeira axencia de viaxes incluída no servizo de beneficios colexiais que ofrece o CPEIG, onde xa figuran as entidades bancarias ING e Caixa Galicia, a empresa de informática HP, a libraría Díaz de Santos, a Universidade Europea de Madrid, o despacho de avogados León&Pérez e a compañía de seguros de saúde Adeslas. No ámbito da hostalería, os colexiados e colexiadas do CPEIG poden atopar condicións especiais no hotel Puerta del Camino, en Santiago, no Talaso Hotel Louxo, na Toxa, e nos establecementos Pqliar.