Pasar al contenido principal

AGESTIC convoca a I Edición dos premios INNOVA-G

Logotipo de Agestic

Galicia conta con empresas tecnolóxicas que fan posible cos seus desenvolvementos unha Galicia actual competitiva e cun pé no futuro. Contamos con emprendedores, con corredores de fondo, cunha canteira de bos profesionais, con mulleres e homes valentes, con talento... con moito talento.

Estos premios están abertos a todas aqueles PEMES galegas, tecnolóxicas ou non, que aposten polo desenvolvemento das TIC, polo importante papel das TIC na innovación. Pois internet, a web 2.0 e as redes sociais están a revolucionar a sociedade e en consecuencia aos modelos de negocio das PEMES. Os produtos e os servizos que estas ofrecen deben encaixar no novo crebacabezas empresarial. Dende AGESTIC e as entidades colaboradoras destes premios, deséxase premiar a innovación das empresas na incorporación a esta nova realidade, e apoiar e recoñecer aos que non ven no cambio un problema se non unha oportunidade.

Máis información e consulta de bases en: www.premiosinnovag.org