Pasar al contenido principal

Rueda recibe aos representantes dos colexios profesionais para abordar a implantación da directiva de servizos en Galicia

Na xuntanza, á cal asistiu o Presidente do CPEIG, Fernando Suárez, o conselleiro analizou cos presentes as consecuencias do Real Decreto 1000/2010, do 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio, que foi aprobado recentemente polo Goberno central.

Así mesmo, Rueda manifestou a intención do seu departamento de coordinar aos colexios profesionais, a través da Unión Profesional de Galicia (UPG), para intercambiar opinións e puntos en común respecto á normativa sobre colexiación obrigatoria que o Estado ten pendente de aprobar.