Pasar al contenido principal

INEO e o CPEIG alíanse para impulsar o desenvolvemento tecnolóxico en Galicia

Símbolo do CPEIG

INEO, Asociación Multisectorial TIC de Galicia, acaba de selar unha alianza co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), co obxectivo de impulsar actuacións específicas conxuntas que contribúan ao fomento da Sociedade da Información e desenvolvemento do TIC na Comunidade.

Os presidentes de INEO, Jorge Cebreiros Arce, e do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, acaban de asinar un convenio de colaboración, polo que ambas as entidades reforzan os seus lazos de cooperación durante o próximos tres anos.

Concretamente, o convenio inclúe que un profesional de recoñecido prestixio a proposta do CPEIG participará como membro no Consello Consultivo de INEO e nos seus proxectos. Do mesmo xeito, os órganos directivos de INEO participarán en calquera evento que CPEIG poña en marcha e cando corresponda como convidado de honra.

A través deste acordo, os socios de INEO poderán participar nos actos e eventos que organice CPEIG coas mesmas obrigacións e privilexios dun colexiado, e o mesmo poderán facer os colexiados de CPEIG, que participarán en todo canto evento, proxecto ou servizo préstese desde INEO nos mesmos termos que un asociado.

Sobre INEO 

INEO é o referente asociativo empresarial no sector TIC de Galicia. Intégranse nesta organización ó redor de 80 empresas de acreditada experiencia nas áreas de actividade de Hardware, Software, Redes e Telecomunicacións, Internet e Contidos, Formación TIC e Consultoría TIC. A facturación das empresas asociadas de INEO rolda os 250 millóns de euros e, todas elas, dan emprego a preto de 3.300 profesionais.

As empresas de INEO traballan implicándose de xeito activo e sostido no desenvolvemento da súa contorna socio-económica, promovendo a implantación das Tecnoloxías da Información e Comunicación, a innovación baseada na xestión do coñecemento e a aprendizaxe permanente, como elementos claves para competir nun contexto de mercado global.