Pasar al contenido principal

Seminario "A Arte da Presentación"

A Arte da Presentacion

A acción formativa desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, o sábado 21 de Abril en horario de 10:00 a 13:30.

Os encargados de impartir o seminario serán Eduardo de la Fuente e Alberto de Vega, da empresa Presentaciones Artesanas. Os dous relatores son recoñecidas referencias na materia e procurarán que os asistentes aprendan as destrezas necesarias para que as presentacións conecten coa audiencia e non caian no aburrimento.

Os colexiados deberán pagar unha cota de 30 euros, mentres que as persoas alleas ao CPEIG deberán ingresar 50 euros.

En palabras dos organizadores do seminario, a sesión formativa quere evitar a morte por PowerPoint, "expresión que resume de xeito maxistral o estado de aburrimento e fatiga inducido polo exceso de información amosado nas típicas presentacións de empresa".

Luns, 15:25 da tarde. Tras os 10 minutos de cortesía, da comezo a enésima reunión do día. Luces fora, comenza o desfile de diapositivas.

15 minutos máis tarde, a voz temblorosa e monótona do poñente afronta o terceiro párrafo dunha diapositiva mentres ti xa diche por terminada a lectura do sexto e último fai varios segundos, ignorándoo por completo. A luz atenuada e o cómodo sillón da sala fan mella en ti e no resto de asistentes. Un dormita, outros responden o correo, outro actualiza seu estado en Facebook,…

Esto non hai quen o ature, ¡pero é que túas presentacións son iguais! Todo o mundo fai o mesmo: corto por aquí, pego por alá, improviso un pouco e… ¡bingo! Presentación lista. ¿Ensaiar? ¿Para qué?

¿Aínda te extraña que os teus colegas, xefes e clientes non te presten atención? ¿non recorden túas propostas? ¿que non se te valore?

Se queres que isto cambie, apúntate ao seminario "A Arte da Presentación"  e descubre que existe outra forma de entender as presentacións e conectar coa túa audiencia.

Pincha aqui para mais información

Podes facerte co libro destes autores tamén denominado "El Arte de la Presentación" nesta ligazón.