Pasar al contenido principal

O CPEIG participa nunha xornada sobre o Cloud Computing o vindeiro luns

Logotipo da Universidade da Coruña

O vindeiro luns, día 16, o salón de actos da Facultade de Informática da Coruña acollerá a organización da xornada ¿Nos subimos a la nube?, que conta co apoio e participación do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), entre outras entidades e empresas. O acceso ás charlas é gratuíto e libre, sen necesidade de inscrición previa, ata completar o aforo.

A inauguración da xornada, prevista para as 16.30 h., correrá a cargo do decano da Facultade de Informática da Coruña, Aberto Valderruten; do presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, e de Mario Herraiz, de Amazon Web Services Iberia.

Ás 16.35 horas intervirá Carlos Condé, de Amazon Web Services, coa charla AWS-laaS Master Class. A continuación, ás 17.35 h., un representante de Telvent abordará The Global Cloud e ás 18.00 h., Incita tratará o iBest. El primer core bancario en cloud. Sobre as 18.15 as xornadas tratarán, a través dun membro de Altia, os Modelos de Negocio en laaS.

Despois dunha pausa, a sesión reanudarase ás 18.45 h. cun relatorio a cargo da Universidade da Coruña sobre High perfomance computing e big data en AWS. Sobre as 18.55 h. Ricardo Galli abordará o caso Menéame e ás 19.45 h. unha mesa redonda analizará os desafíos e oportunidades do Cloud Computing, na que intervirán: Mario Herraiz, AWS Iberia Manager; Fernando Suárez, polo CPEIG; Ramón Costa, director do Data Center de Altia; Isidro Parga, de Tecnologías Plexus; Ricardo Galli, de meneame.net, e un representante aínda sen determinar de Telvent. Moderará a mesa a Universidade da Coruña a través de Guillermo López. Ás 20.30 horas terá lugar a clausura da xornada.