Pasar al contenido principal

Ross Anderson na Facultade de Informática da UDC

Ross Anderson

Ross Anderson participou en varios desenvolvementos criptográficos como as primitivas Bear, Lion e Tiger ou o código de cifrado de bloques Serpent; investiga nas relacións da economía e seguridade, e é tamén un defensor das liberdades no mundo dixital.

O vindeiro mércores 16, ás 10:00 na Facultade de Informática da UDC, o experto internacional en seguridade informática Profesor Ross Anderson, da Unde de Cambridge, impartirá a conferencia titulada "Cryptology and security-where is the research frontier?".

Esta conferencia encádrase no ciclo "IV Obradoiro de Criptografía, Privacidade e Seguridade" que organiza a Asociación Universitaria GPUL, na que participarán expertos locais en administración de sistemas informáticos e programación seguras. O ciclo desenvolverase entre os días 14 e 16 de Maio na propia Facultade de Informática.