Pasar al contenido principal

O proxecto MeteoSIX de MeteoGalicia e o CESGA pregan colaboración para mellorar

Proxecto MeteoSIX

Desde MeteoGalicia e o Centro de Supercomputación de Galicia achégannos a seguinte petición: "[...]Estamos traballando para mellorar os resultados obtidos co proxecto MeteoSIX, que ten dúas vertentes principais:

Unha aplicación para móbiles Android e iPhone que achega as predicións do tempo para Galicia e tamén un servizo de datos meteorolóxicos e oceanográficos para grupos de investigación universitarios, empresas e particulares que teñan interese en aproveitalos para estudos, aplicacións para móbiles ou webs, etc.

Gustaríanos que as empresas e os grupos de investigación que xa fan uso deses datos e os que poidan estar interesados en empregalos no futuro nos axudasen a mellorar MeteoSIX achegando respostas ás preguntas que consideren convenientes:

  • ¿Que suxerirían para mellorar o servizo? Por favor explíqueno o máis detalladamente posible (frecuencia de subministración de información, formato empregado, etc).
  • ¿Coñecen a aplicación de Meteosix para Android? ¿Que suxerirían para mellorala?
  • ¿Coñecen a aplicación de Meteosix para iPhone/iPad? ¿Que suxerirían para mellorala?
  • ¿Que outra información meteorolóxica ou oceanográfica podería ser de interese para vostedes e/ou os seus usuarios e clientes actuais ou potenciais? ¿De que forma podería servirse: a través de web, de app para móbil...?
  • ¿Sería útil para vostedes ter unha xornada colectiva de formación sobre o proxecto, e en concreto sobre as aplicacións e servizos de MeteoSIX: API, as aplicacións para móbiles, outros servizos de datos de predición (THREDDS, WMS...), próximos servizos de datos de observación (de estacións, boias, radar...) e en xeral sobre o acceso a calquera tipo de información de MeteoGalicia? (Especifiquen se lles interesaría algún tema en particular).
  • ¿Sería útil para vostedes ter unha reunión individualizada de formación sobre o proxecto?
  • En caso de estar interesados/as en formación adicional sobre MeteoSIX, agradeceriámoslles que nos indicasen o nome, teléfono e correo electrónico dunha persoa de contacto no seu grupo para poder xestionar axeitadamente esta petición.

Henrique Neira
eneira(at)cesga(dot)es"