Pasar al contenido principal

O CPEIG ofrece tres bolsas para o Máster On-line en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC

Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de convocar tres bolsas para o Máster On-line en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC 2012-2013. A entidade colexial continúa así a súa aposta pola formación e a especialización dos profesionais da informática. O prazo límite de recepción das solicitudes para optar ás bolsas remata o día 4 de novembro.

O Máster On-line en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC 2012-2013 é eminentemente práctico. 

Permítelle ao alumnado obter unha formación cualificada para o deseño e xestión avanzada de páxinas web, produción de recursos multimedia de vídeo, son e fotografía dixital, así coma o contacto co mundo laboral, coa opción de poder realizar estancias de prácticas en diversas empresas, institucións ou grupos de investigación como, entre outros: a Fundación CEER Galicia-Norte de Portugal, Uninova, Idega, Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Feiraco, Granxafamiliar, Galicia Autentica, Agalip, ADAF, Cief-Caixa Galicia, Asociación Ibérica de Sistemas y Tecnologías de la Información, CITA-Fundación Germán Sánchez Ruipérez, Tecendo Redes, Mmasa Arquitectos, Cáritas e Concellos de Santiago de Compostela e Brión.

As persoas interesadas en acceder ás bolsas, que cobren o 65% do custo total da matrícula, deberán enviar unha carta-solicitude dirixida ao presidente do CPEIG, na que deberán xuntar o seu CV, copia do DNI ou pasaporte, copia do título universitario e do expediente académico, incluídas as cualificacións. Ademais, achegarán unha copia da acreditación de colexiado do CPEIG, se fose o caso. Deberán facer chegar a carta-solicitude a gist-formacion@usc.es e a presidente@cpeig.org.

Para máis información sobre o Máster SIC, cómpre visitar a web do Grupo de Investigación GIST.Idega, da Universidade de Santiago: www.gist.es ou escribir ao email gist-formacion@usc.es