Pasar al contenido principal

Banco Sabadell e CPEIG asinan un convenio

Logotipo Banco Sabadell

 O Banco Sabadell, que en Galicia opera baixo a marca comercial de Sabadell Atlántico, e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) veñen de asinar un acordo de colaboración entre ambas as dúas entidades.

Ao abeiro dese acordo, o Banco Sabadell porá á disposición dos colexiados e colexiadas un conxunto de produtos e servizos exclusivos adaptados ás súas necesidades.

En nome do CPEIG rubricou o acordo o seu presidente, Fernando Suárez Lorenzo, e por parte do Banco Sabadell, Jesús Varela Valiño, director de Zona de Galicia.

Candado mediano

Este é un servizo que unicamente se ofrece as/os colexiadas/os. Polo que se estás interesado é preciso identificarse no portal para o acceso aos datos do convenio.