Pasar al contenido principal

O CPEIG celebrará a Cuarta Noite da Enxeñaría en Informática o vindeiro 23 de novembro

Logotipo IV Noite

As colexiadas e colexiados que integran o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) reuniranse o vindeiro día 23 de novembro na que será a cuarta edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. As estimacións da organización son que ao redor dunhas 250 persoas se dean cita baixo o interese común da Informática e a defensa da profesión.

A gala, que inclúe a entrega dos premios anuais do colexio, será presentada polo humorista Miguel Lago.

A continuación, sinálanse as modalidades de premios que se conceden na presente edición e os seus gañadores:

  • Premio Proxecto Fin de Carreira: Adrían López Villaverde polo seu traballo sobre solucións escalables no Cloud.
  • Premio  Traxectoria Profesional: a título póstumo, Víctor Gulías, profesor,  investigador e emprendedor.
  • Premio Ada Byron: a enxeñeira informática Luz Castro, como representante das mulleres líderes na adopción da tecnoloxía, e pola súa capacidade para mesturar coñecementos técnicos e visión social.
  • Premio Iniciativa Emprendedora: LaconNetwork, evento de networking que reúne a emprendedores do sector TIC de Galicia baixo un paraugas informal pero moi estable.
  • Premio Iniciativa da Administración: Proxecto Coruña Smart City,  en recoñecemento á aposta que o concello herculino está a realizar pola I+D+i e as novas tecnoloxías.
  • Premio Iniciativa Empresarial: Imatia Innovation, empresa tecnolóxica incluída na listaxe de referencia a nivel mundial Top 100 en Europa.

PATROCINADORES

Como en ocasións anteriores, o CPEIG conta co patrocinio de diversas empresas e institucións para a organización da gala.

  • Patrocinadores Ouro: Altia Consultores, AMTEGA, Bahía Software, Everis, Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico, Hewlett-Packard, Indra, Plexus, Retegal e Telefónica.
  • Patrocinadores Prata: Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, Emetel, Fortinet, Imatia Innovation, Insa, Inycom, Oracle e Tecnocom.

INSCRIBIRSE

Para inscribirse e ampliar a información visite a páxina do evento