Pasar al contenido principal

A Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense acolle esta tarde a xunta de goberno do CPEIG

Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrará esta tarde a súa xunta de goberno ordinaria a partir das 17.00H en primeira convocatoira, e 17.30H. en segunda. A xuntanza terá lugar na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense.

Segunda consta na orde de día, darase lectura á acta da xunta de goberno do pasado mes de maio e procederase, no seu caso, á súa aprobación. Do mesmo xeito, está prevista a ratificación do acordo da comisión permanente de xaneiro do presente mes. Alén diso, o CPEIG abordará a situación xeral do colexio e a súa tesoureiría en particular. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, presentará un informe sobre o desenvolvemento da Cuarta Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o vindeiro día 23 de novembro. Finalmente, os convocados á xunta de goberno procederán á resolución de solicitudes de colexiación e a valorar distintos convenios de colaboración ofertados por diversas entidades.