Pasar al contenido principal

Entrega de premios da 2ª edición do concurso INCUVI-Emprende

Logotipo da Universidade de Vigo.

O vindeiro luns 4 de febreiro, a partir das 12h, na Sala I do edificio Miralles, celebrarase o acto de entrega de premios da 2ª edición do concurso INCUVI-Emprende. A esta 2ª edición presentáronse 33 proxectos (con máis de 50 participantes), entre os que se outorgarán 8 premios (6 no Campus de Vigo e 2 no Campus de Pontevedra).

Entre os patrocinadores destes premios, que participarán activamente no acto de entrega de premios, atópanse: AJE PONTEVEDRA, ASIME, BLU:SENS, AUTORIDAD PORTUARIA DE VIGO, CONSORCIO ZONA FRANCA DE VIGO, ESCUELA DE NEGOCIOS NOVACAIXAGALICIA, NOVAGALICIA BANCO, PSA PEUGEOT CITROËN (CENTRO DE VIGO), R, SANTANDER, SIGA e TELEFONICA.

Os organizadores agradecen confirmación de asistencia ao email protocolo@gestievent.com ou no número 667-577-102.