Pasar al contenido principal

O CESGA recibe o Premio DINTEL á Alta Dirección no Sector Público no eido da Administración

Logotipo del CESGA

Santiago de Compostela, febreiro de 2012.- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) quere expresar publicamente a súa felicitación ao Centro de Supercomputación de Galica (CESGA), que vén de recibir o premio Dintel á Alta Dirección no Sector Público 2013 no eido da Administración autonómica. A Fundación Dintel outorga a distinción anualmente

O colexiado e director do CESGA, Javier García Tobío -quen foi merecente no ano 2009 do premio á Traxectoria Profesional do CPEIG- recolleu o galardón o pasado día 7 de febreiro de mans do secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo do Goberno de España, Víctor Calvo-Sotelo Ibañez-Martín, nun acto presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor.

Dintel é unha fundación privada de ámbito estatal, dedicada á difusión das tecnoloxías da información e as comunicacións cuxo principal obxectivo é facilitar a relación interpersoal entre directivos do sector público e privado, con capacidade de decisión e prospección tecnolóxica ou de definición estratéxica de servizos á cidadanía no contexto da administración electrónica.