Pasar al contenido principal

Liñas ICO 2013

ICO

As liñas ICO 2013, que se simplificaron respecto de exercicios anteriores, son accesibles para todo tipo de empresas, públicas e privadas, sexa cal for a súa dimensión.

A principal novidade deste ano observáse na obtención de liquidez mediante: 

  • Préstamo até 3 anos sen xustificación
  • Liquidez complementaria por un importe de até o 50% de financiamento obtido en activos produtivos.

As liñas ICO teñen un vencimiento de até 20 anos e importe máximo a financiar de 10 millóns de euros. Ademais, de forma xenérica poderá financiarse:

  • Adquisición de activos fixos produtivos (novos ou de segunda man).
  • Adquisición de vehículos turismos cuxo prezo non supere os 30.000 euros (máis IVE).
  • Adquisición de empresas.

As liñas que están á súa disposición son:

  • ICO Empresas e Emprendedores 2013: destinada ao financiamento de investimentos e dar cobertura ás necesidades de liquidez de proxectos dentro do territorio nacional.
  • ICO Garantía SGR 2013: facilita o financiamento de investimentos dentro e fóra do territorio nacional e dá cobertura ás necesidades de liquidez, a beneficiarios que dispoñan do aval dunha SGR (Sociedade de Garantía Recíproca).
  • ICO Internacional 2013: para o financiamento de investimentos e cobertura das necesidades de liquidez fose do territorio nacional.
  • ICO Exportadores Curto Prazo 2013: achega liquidez a autónomos e empresas que emitan facturas derivadas da súa actividade exportadora.

Banco Sabadell, co que o CPEIG ten convenio, subscribiu as liñas ICO 2013 coa finalidade de dar resposta a calquera tipo de necesidade de financiamento, impulsar e apoiar os investimentos das empresas e promover os proxectos de autónomos e pemes.

Banco Sabadell ofrece a liña ICO máis adecuada ás necesidades de financiamento para facer realidade os proxectos. Para ampliar esta información, diríxase a calquera oficina de SabadellHerero, chame ao 902 383 666 ou ben acceda a https://www.bancsabadell.com/cs/satellite/sabatl/lineas_ico/11913562945…