Pasar al contenido principal

1ª Edición do Premio "Mellor Tese Ibérica en Sistemas e Tecnoloxías de Información"

Logo AISTI

Este premio é concedido anualmente pola Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías de Información (AISTI) ao mellor traballo de Tese Doutoral, elaborado no ámbito das áreas científicas dos Sistemas e Tecnoloxías de Información e áreas afíns, co obxectivo de estimular a innovación científica e o rigor do traballo de investigación, así como para conseguir unha maior  divulgación daqueles traballos científicos de calidade. A asignación do premio réxese por un regulamento propio dispoñible en http://www.aisti.eu/regulamentopremio-es.pdf

As candidaturas poden ser enviadas até o día 31 de marzo de 2013 á dirección de e-mail aistic@gmail.com . A avaliación e votación polos membros do tribunal producirase durante os meses de abril e maio e a cerimonia de entrega do premio desenvolverase en sesión solemne da CISTI'2013 (8ª Conferencia Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías de Información), a realizar na Universidade Nova de Lisboa entre o 19 e o 22 de xuño de 2013.