Pasar al contenido principal

O CPEIG Participa cunha exposición no V Foro de Empresas para Enxeñaría Informática

Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) participará o día 14 no V Foro de Empresas para Enxeñaría Informática FEI´2013 a través dunha exposición que realizará o presidente do colexio, Fernando Suárez Lorenzo. O salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela acollerá o encontro.

Segundo a organización do foro, o obxectivo do mesmo é amosar as liñas de negocio das distintas empresas presentes e as posibilidades de realizar prácticas, traballos de fin de grao ou a inserción laboral nas firmas participantes. Máis información en http://www.usc.es/etse/empresas.

Intervirán no V Foro de Empresas para Enxeñaría Informática empresas como Altia, Bahía Software, Grupo Isonor, Igalia, Ozona, Tecnocom, Tesla, Distribérica Regalos Online, Anubia, Everis e Tarlogic Security, e organismos coma o Cesga, ademais do propio CPEIG.