Pasar al contenido principal

Voluntariado Dixital

Voluntariado Dixital

O Programa Voluntariado Dixital  vai poñer en marcha no mes de xuño, o seu  Programa de capacitación e formación 2013 baixo o título "Redes sociais e Comunicación 2.0".

Este  programa de formación quere ofrecer unha correcta capacitación  ós voluntari@s e persoal técnico das entidades de acción voluntaria inscritos, para orientalos nas súas tarefas de acción solidaria a través de internet e as novas tecnoloxías. O curso está composto de catro módulos.

  • Parte I: Redes sociais e comunicación 2.0 (Días 6 e 7 de xuño)
  • Parte II: Identidade dixital (Días 13 e 14 de xuño)
  • Parte III: Community manager (Días 20 e 21 de xuño)
  • Parte IV: Crowdfunding (Días 27 e 28 de xuño)

Si se está interesados en participar nestes programas formativos, poderedes formalizar a inscrición a través da seguinte ligazón da web de voluntariado galego: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur

A inscrición no primeiro módulo finaliza o próximo 5 de xuño as 14.30.

VER PROGRAMA ADXUNTO DA PARTE I: Redes sociais e comunicación 2.0