Pasar al contenido principal

O Presidente do CPEIG participa mañá nas Xornadas de Acollida da ESEI de Ourense

Logo ESEI

Santiago de Compostela, 03 de setembro de 2013.- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) participará mañá mércores, día 4, nas Xornadas de Acollida que organiza a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) de Ourense no Edificio Politécnico. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, xunto co presidente do CPTEIG, Marcos J. Mata, abordará nunha mesa redonda As profesións informáticas e o papel dos Colexios Profesionais.

A charla terá lugar no Salón Marie Curie do Edificio Politécnico a partir das 10 da mañá. Desde o pasado martes, a ESEI está a celebrar as xornadas, que se prolongarán ata o inicio das clases, previsto para o vindeiro venres, día 5.

A intervención de Fernando Suárez Lorenzo na mesa redonda que se celebrará mañá inscríbese nos múltiples contactos que o Colexio mantén co eido universitario a prol dun maior coñecemento do CPEIG e das vantaxes da colexiación entre as e os estudantes