Pasar al contenido principal

O CPEIG celebrará a Quinta Noite da Enxeñaría en Informática o vindeiro 4 de outubro

As colexiadas e colexiados que integran o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) reuniranse o vindeiro día 4 de outubro na que será a quinta edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. As estimacións da organización son que ao redor dunhas 250 persoas se dean cita baixo o interese común da Informática e a defensa da profesión.

A gala, que inclúe a entrega dos premios anuais do colexio, será presentada polo mentalista Javier Luxor.

A continuación, sinálanse as modalidades de premios que se conceden na presente edición e os seus gañadores:

  • Premio Proxecto Fin de Carreira: será coñecido durante o presente mes de setembro.
  • Premio  Traxectoria Profesional: ao enxeñeiro informático Roberto Baratta, responsable de seguridade de NovaGalicia Banco e CISO 2012.
  • Premio Ada Byron: a enxeñeira e doutora en informática Susana Ladra, galardoada co Primeiro Premio Nacional de Fin de Carreira de Enxeñaría Informática do Ministerio de Educación, co Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade da Coruña e co Premio á mellor tese doutoral no campo da Recuperación da Información.
  • Premio Iniciativa Emprendedora: Proxecto "Rede de escolas na nube", orientado a proporcionar servizos de computación cloud para mellorar a aprendizaxe e a colaboración na escola rural.
  • Premio Iniciativa da Administración: Deputación de Pontevedra, polo seu proceso de modernización tecnolóxica no que se enmarcan diversas accións que melloran a calidade de vida da poboación a través do uso das novas tecnoloxías.
  • Premio Iniciativa Empresarial: SetPay, solución que se basea nos cobros con tarxetas desde o mobil. É o unico sistema en España que adopta validación por PIN.
  • Mención especial para a Asociación PuntoGal: pola recente consecución do dominio .gal, que representa un decidido impulso para a difusión e coñecemento da lingua e cultura de Galicia.

PATROCINADORES

Como en ocasións anteriores, o CPEIG conta co patrocinio de diversas empresas e institucións para a organización da gala.

  • Patrocinadores Ouro: Altia Consultores, AMTEGA, Bahía Software, EMETel, Everis, HP-Intel, Indra, Plexus, e Telefónica.
  • Patrocinadores Prata: Asesores Locales, Balidea, Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, Fortinet, IECISA, Imatia Innovation, Inycom, Oracle, PWC, Secretaría Xeral de Igualdade, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Tecnocom e Vodafone.

INSCRIBIRSE

Para inscribirse e ampliar a información visite a páxina do evento