Pasar al contenido principal

Aberto o prazo para participar no concurso de postais de nadal do CPEIG

Símbolo do CPEIG

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2013.- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de convocar a segunda edición do Concurso de Postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas que estean a cursar infantil ou primaria, e que teñan vinculacións coas persoas colexiadas. O número máximo de candidaturas por colexiada/o é de 3. O premio que recibirá o gañador será unha tablet de 10 polgadas.

As persoas interesadas teñen a continuación detalladas as bases do concurso:

Técnica: A técnica é libre, podéndose empregar pinturas, témperas, ceras, collage, etc. O formato pode ser vertical ou horizontal.

  1. Datas de entrega: ata as 23:59 do día 9 de decembro de 2013. 
  2. Forma de entrega: As candidaturas enviaranse por correo electrónico ao enderezo informacion@cpeig.org indicando o nome, apelidos, teléfono de contacto e idade da/o nena/o, xuntando a postal dixitalizada en formato jpg ou png e cunha resolución mínima de 300 puntos por pulgada. O CPEIG enviará no prazo máximo de 24 horas un correo electrónico confirmando a inscrición da postal no concurso. Os debuxos non poder conter ningún sinal que permita identificar á autora ou autor.
  3. Xurado:
    • Estará composto por un mínimo de 3 persoas.
    • Calquera colexiada/o que non presente candidaturas e así o solicite poderá formar parte do xurado.
    • O xurado valorará a creatividade e a adecuación ao tema proposto.
    •  Os membros do xurado descoñecerán a autoría das postais polo que estas non poderán conter ningún sinal que permita identificar á autora ou autor.
    • Cada membro do xurado asignará 5, 4, 3, 2 e 1 puntos ás que considere as 5 mellores postais.
    • A postal que obteña a maior puntuación, unha vez sumadas as puntuacións outorgadas por cada membro do xurado será a gañadora. En caso de empate a postal gañadora decidirase por sorteo.
    • O fallo do xurado farase público na web do colexio (www.cpeig.org) o día 12 de decembro.
  4. Premio: A postal gañadora será a empregada como postal de Nadal do CPEIG para 2013 e o gañador ou gañadora recibirá un Tablet 10" BQ (ou marca similar, suxeito a dispoñibilidade).