Pasar al contenido principal

O CPEIG falará das oportunidades e retos da Enxeñaría Informática na sociedade actual o venres en Cáceres

Símbolo do CPEIG

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, intervirá o vindeiro venres, día 13, nas Xornadas Cénits que se celebrarán en Cáceres. Oportunidades e retos da Enxeñaría en Informática na sociedade actual será o título da charla de Suárez Lorenzo, quen acode ao encontro en calidade tamén de vicepresidente do Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería Informática.

A sexta edición das Xornadas Cénits, organizadas pola fundación Computaex, terán lugar no Centro de Cirurxía de Mínima Invasión de Cáceres durante os días 12 e 13 do presente mes. O encontro está dirixido a empresas, centros tecnolóxicos, estudantes, investigadores e innovadores. Un nutrido elenco de expertos abordará temas de actualidade no eido da investigación e as novas tecnoloxías.

 

Máis información: http://www.computaex.es/categoria/jornadas