Pasar al contenido principal

Rocío Suárez García resulta gañadora do concurso de postais do CPEIG

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2013.- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de fallar a segunda edición do Concurso de Postais de Nadal. O xurado acordou recoñecer, de entre un total de oito candidaturas, o traballo presentado pola nena Rocío Suárez García. A gañadora recibirá como premio á súa calidade artística unha tablet de 10 polgadas.

Rocío Suárez García, de 7 anos de idade, vive en Ames (A Coruña). Presentou ao concurso un debuxo a partir de cartulinas recortadas e pintadas con ceras que representa o nacemento do neno Xesús O xurado destacou o axeitado uso da cor, que actualiza un tema clásico das postais de Nadal.

O concurso estivo dirixido a nenas e nenos que cursan infantil ou primaria, e con parentesco cos colexiados. O CPEIG felicitará estas festas coa postal gañadora.

Parabéns polo teu traballo, Rocío.