Pasar al contenido principal

X edición dos premios EGANET

Premios EGANET 2013

A Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías, EGANET, convoca a décima edición dos seus premios, unha década de estímulo ao labor de creación dos empresarios, profesionais e outros axentes que se senten comprometidos coa expansión da Sociedade da Información en Galicia e que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos e servizos que teñen en Internet e as novas tecnoloxías da información a súa razón de ser.

O prazo de presentación das candidaturas está xa aberto ata o vindeiro día 26 de xaneiro de 2014. Para a presentación de candidaturas cómpre obter máis información no sitio web www.premioseganet.com

Empresas, profesionais, asociacións, organización empresariais, ONGs, entes públicos e calquera outro organismo con sede social en Galicia poderán presentar as súas candidaturas aos premios, sempre e cando realicen proxectos no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións.

As categorías dos premios son cinco, ás que se engade o Premio Especial Eganet, que a Asociación outorga ao proxecto, entidade ou personalidade galega que desde a última edición dos galardóns máis se esforzase en dar a coñecer e impulsar a realidade galega no contorno Internet e, deste xeito, contribuíse a promocionar as novas tecnoloxías en Galicia. Para esta modalidade non se recibirán candidaturas e serán as empresas socias da Asociación as que elixan directamente ao premiado ou premiada.

As cinco categorías para as que se reciben candidaturas son as seguintes: Premio mellor proxecto Colaborativo Empresarial TIC; Premio mellor proxecto Emprendedor TIC; Premio mellor Aplicación Software; Premio mellor Comunicación Dixital e Premio mellor Negocio Online.

A capacidade innovadora, a adecuación dos proxectos aos distintos soportes móbiles e o acceso universal ás novas tecnoloxías serán méritos que se recoñecerán de maneira transversal, independentemente da categoría á que se presente cada proxecto.

O respaldo de máis de 1.000 empresas e 1.400 proxectos presentados nas nove edicións anteriores avalan aos Premios Eganet como un proxecto maduro, consolidado e o de maior repercusión para o sector TIC galego.

UNHA DÉCADA +3 COMO REFERENTE

EGANET foi a primeira asociación TIC Galega. Representa ás empresas galegas que desenvolven software e/ou servizos TIC. Leva 13 anos aglutinando ás empresas que representan o corazón do sector e que abranguen as cinco principais áreas de negocio: Internet e medios online; Comunicación Interactiva e Novos Medios; Consultaría e Asesoramento TIC; Conectividade e Integración de Sistemas e Desenvolvemento de Software.

EGANET basea o seu labor na defensa das empresas galegas, potencia a cooperación empresarial, respalda aos emprendedores, presta servizos e traballa para conseguir a adaptación da cidadanía ao uso das novas tecnoloxías como ferramentas de mellora da competitividade, tanto nos sectores empresariais como no desenvolvemento individual.