Pasar al contenido principal

O CPEIG organiza o curso Drupal 7 Avanzado

Logo Drupal

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abre o plazo de inscripción no curso Drupal 7 Avanzado, ofertando un total de 25 prazas.

Este curso formativo, cunha duración de 20 horas presenciais, está dirixido aos profesionais do desenvolvo web con coñecementos básicos en Drupal. O obxectivo do mesmo é que un alumno con coñecementos básicos sobre desenvolvo web, posicionamento e uso de técnicas e ferramentas dixitais, poida desenvolver tendas de eCommerce e Redes Sociais sobre Drupal, así como realizar tarefas de optimización do rendemento de portais baseados en Drupal.

Semanalmente realizaranse as sesións formativas presenciais acompañadas con exercicios e prácticas, así como un dossier formativo con actividades adicionais para que este curso sirva de punto de inicio no desenvolvemento de sistemas web complexos en Drupal, como son tendas de eCommerce e Redes sociais

A metodoloxía da acción formativa é totalmente práctica, onde o alumno, desde a primeira lección, crea un portal a través dos exercicios propostos.

Este curso está dirixido a desarrolladores web con coñecementos básicos de Drupal que requiran implementar proxectos web complexos con Drupal 7, xa sexa para terceiros ou para emprender cunha idea de negocio propia.

O curso consta dunha duración de 20 horas divididas en 4 leccións de 5 horas cada unha:

  1. Conceptos de Drupal: instalación, estrutura interna do núcleo, módulos, personalización, actualización e mantemento.
  2. Distribucións: Drupal Commerce, estrutura de Drupal Commerce, estrutura do proceso de compra, importación masiva de contidos.
  3. Distribucións: Drupal Commons, estrutura de Drupal Commons, grupos orgánicos, roles, muros, actividades, eventos, seguimento.
  4. Configuración avanzada e desenvolvemento con Drupal:drush, multisite, features, rendemento, desenvolvemento de módulos, desenvolvemento de temas gráficos.

Obxectivos

Preténdese que o alumno, ao acabar o curso, poida desenvolver de maneira autónoma un portal complexo en Drupal 7, con funcionalidades de eCommerce, redes sociais, e optimizado para o segmento a que vai dirixido. Para isto, é indispensable cumprir os seguintes obxectivos:

  • Refrescar conceptos de Drupal e a xestión de contidos. O coñecemento sobre a filosofía de traballo da comunidade en Drupal, os obxectivos que busca e o seu funcionamento, que faciliten definir unha metodoloxía de traballo adecuada para cada proxecto, pensando no desenvolvemento e o mantemento posterior do portal. Facilitar o uso a usuarios avanzados e protexer o portal contra posibles ataques externos.
  • Coñecer a fondo a distribución Drupal Commerce, como base para a construción de solucións complexas de eCommerce.
  • Coñecer a fondo a distribución Drupal Commons, como base para a construción de redes sociais.
  • Realizar configuracións complexas de Drupal e desenvolver módulos e temas. Técnicas para para o mantemento óptimo dunha instalación de Drupal, configuración avanzada de módulos e utilidades de administración de instalacións Drupal. Introdución ao desenvolvemento de Drupal: módulos e temas gráficos.

Para a execución do curso, proporcionarase a cada alumno o material didáctico necesario (CD/USB), composto por un libro electrónico cos conceptos teóricos sinalados no temario e un libro con exercicios prácticos sobre Drupal.

Relator 

Diego Meixeiro Calvo, consultor especialista en Drupal, será o responsable de impartir esta acción formativa. O docente forma parte do equipo de desenvolvemento web da empresa Sdweb Solucións Dixitais S.L. unha das primeiras empresas en España especializada en implantar Drupal en grandes organizacións como a Xunta de Galicia (AMTEGA), Universidade de Barcelona, Universidade de Santiago de Compostela, etc.

Diego Meixeiro Calvo posúe unha dilatada experiencia na implantación de portais Drupal a nivel nacional e autonómico, e un amplo coñecemento da comunidade Drupal, aspectos fundamentais para limitar a curva de aprendizaxe en Drupal e aproveitar todas as súas funcionalidades. Participou en proxectos para clientes tan relevantes como Inditex, Grupo Anaya, Universidade de Barcelona, Universidade de Santiago de Compostela, Novagalicia Banco e Xunta de Galicia.

Temario

  1. Conceptos de Drupal 7.
    • Introdución a Drupal, instalación e estrutura interna do núcleo.
    • Instalación de novas funcionalidades en Drupal. Os módulos.
    • O aspecto gráfico en Drupal. Instalación e personalización de temas gráficos.
    • Actualización e mantemento dun portal en Drupal. Optimización e posicionamento.
  2. Distribucións: Creación de tendas de eCommerce con Drupal Commerce.
    • Estrutura de Drupal Commerce.
    • Estrutura do proceso de compra.
    • Importación masiva de contidos.
    • Creación de tendas de eCommerce con Drupal Commerce.
  3. Distribucións: Creación de redes sociais con Drupal Commons.
    • Estrutura de Drupal Commons.
    • Grupos orgánicos.
    • Roles.
    • Muros.
    • Actividades.
    • Eventos.
    • Seguimento.
    • Creación de redes sociais con Drupal Commons.
  4. Configuración avanzada e desenvolvemento con Drupal.
    • Drush. Manexo de Drupal desde a consola.
    • Multisite real e simulado.
    • Features. Creación de paquetes de funcionalidades.
    • Rendemento. O caché do núcleo e módulos contribuídos de caché.
    • Introdución ao desenvolvemento de módulos.
    • Introdución ao desenvolvemento de temas gráficos.

Lugar e calendario

O curso impartirase os días 21, 22, 28 e 29 de marzo en horario de 16:00 á 21:00 (os días 21 e 28) e de 09:00 á 14:00 (os días 22 e 29)

Celebraráse na cidade da Coruña. 

Inscrición

Número de prazas

O seminario está prevista para 25 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as, precolexiados/as do CPEIG: 95€
  • NON colexiados/as, precolexiados/as que acepten compromiso de colexiación ou precolexiación: 95
  • NON colexiados/as e NON precolexiados/as: 190€

Procedemento de inscrición 

Deberá cubrir o formulario de inscrición dispoñible aiqui.

O prazo de inscrición deste curso remata o xoves 20 de marzo ás 23:00.

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o 20 de marzo na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao curso e o nome do curso ("Drupal").

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso. 

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Requisitos complementarios

  1. Será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.

  3. Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar a documentación esixida para a precolexiación.

Contacto

Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4@cpeig.org

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.