Todas aquelas persoas interesadas en mercar o pin do CPEIG poden facelo dirixíndose ao enderezo electrónico informacion@cpeig.org. A insignia, elaborada artesanalmente en prata, reproduce o logotipo colexial.
Desde a Xunta de Goberno do CPEIG animamos aos colexiados e colexiadas a lucir o pin en todos aqueles actos ou eventos nos que poidan dar visibilidade á nosa profesión, nomeadamente na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.
A insignia, realizada por unha xoiaría compostelá, ten un prezo _igual ao do custo_ de 20 euros unidade.