Pasar al contenido principal

Startup Pirates Galicia edición Ourense

Startup Pirates

Startup Pirates é un programa internacional dirixido ao desenvolvemento de ideas de negocio dunha semana de duración, que en Galicia está co-organizado por Patricia Díaz e María Regueira, da Consultora de Innovación Social Contextos (www.contextos.eu) e a artista italiana e deseñadora multimedia Monica Mura (www.monicamura.com).

Ainda que aberto a todos os perfís emprendedores, a organización galega pon o foco no emprendemento social para fomentar a xeración de ideas que solucionen retos sociais con modelos de negocio sostibles.

O programa

Durante unha semana de duración, de sábado a sábado, e cunha metodoloxía propia validada en diferentes países (Portugal, Croacia, Eslovenia, Holanda, Polonia, Brasil, Perú, Pakistán, Rumanía, Bulgaria…) as persoas que queiran enrolarse nesta tripulación aprenderán a desenvolver unha idea de negocio, propia ou incorporándose a un equipo, explorando métodos innovadores para potenciar a creatividade, aprender a validar no mercado potenciais productos e servizos, comunicar proxectos e deseñar estratexias comerciais. Todo iso durante oito días intensos que amosarán o potencial de cada pirata participante para traballar nun proxecto empresarial sostible que será presentado a un xurado ao finalizar o programa.  

Onde estan?

Confederación Empresarial de Ourense: Praza das Damas, 1 – 32005 Ourense (Sábado 3 e Sábado 10 de Maio)

Escola de Negocios NovaCaixaGalicia: Avenida de Pontevedra, 9 (Praza Obispo Cesáreo) – 32005  Ourense (Do domingo 4 ao venres 9 de Maio)

Premios

Todos os piratas participantes accederán a distintos premios, entre eles, un hosting linux profesional e o dominio asociado durante un ano que ofrece Dinahosting e $ 2000 de crédito na Google Cloud Platform Starter Pack. Ademais, o proxecto gañador recibirá premios exclusivos, entre os que destaca a cesión dun espazo de coworking, para cada un dos piratas do equipo gañador, por tres meses e medio nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia. 

Como se pode chegar a ser un pirata?

O número de participantes está limitado a 30 piratas. Para formar parte da tripulación presenta a túa candidatura antes do 28 de abril no formulario que atoparás no seguinte enlace: http://galicia.startuppirates.org/register/, tamén podes contactar a través do correo electrónico galicia@startuppirates.org

¡Ademais, se sabes transmitir e amosar a túa motivación e interese en participar na aventura, ti podes ser un dos 10 piratas apadriñados coas bolsas que ofrece a Confederación Empresarial de Ourense que cubrirá a cuota de inscripción!

Modalidades de cuotas:

Piratas individuais: a cuota por pirata é de 170 €, pero as inscripcións recibidas antes do 15 de abril de 2014 terán dereito a unha cuota de 150 €.

Para os afiliados ao Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, desempregados e estudantes  a cuota de 150 €.

Equipo de Piratas: se tes unha idea de negocio e un grupo de amigos ou potenciais socios para poñela en marcha, podedes solicitar a vosa candidatura como Equipo Pirata. O coste por pirata neste caso será de 130 €.

Máis información

Mail: galicia@startuppirates.org

http://galicia.startuppirates.org

www.facebook.com/spiratesgalicia

@spgalicia